artelixoredondela

ARTELIXO REDONDELA

Arte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante o mes de abril e organizado polo colectivo ArteLixo Integra diversos actos culturais.

Título

Escrito por artelixoredondela 10-02-2018 en ARTELIXO 18. Comentarios (0)


ARTEFATO

Escrito por artelixoredondela 10-02-2018 en ARTELIXO 18. Comentarios (0)

ARTELIXO 2018. Redondela (do 15 ao 21 de Abril).

ArteLixo xa está en camiño !!Para ir quentando ás ideas abrimos nova sección,

“ARTE FATO”...DETENTE, PON ATENCIÓN !!Colle a túa cámara...e non deixes “ARTEFATO” sen retratar.Que é un ARTEFATO??Un ARTEFATO é todo aquel trebello que a creatividade e o inxenio lle ofrece unha segunda vida.A foto que reciba máis "me gusta" será empregada para o cartaz Artelixo 2018*Podes etiquetar as fotografías ou enviala por mensaxe no noso facebook, ou no correo artelixoredondela@gmail.com

ARTELIXO 2018

Escrito por artelixoredondela 10-02-2018 en ARTELIXO 18. Comentarios (0)

Arte lixoArte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante o mes de abril  e organizado polo colectivo ArteLixo

Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de sustentabilidade e responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel.Durante unha semana que dura o evento, diversos colectivos, centros escolares e artistas locais e foráneos enchen as rúas, prazas e escaparates de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas a partires de materiais de refugallo e lixo.

O Arte volta cada ano Redondela… e o lixo reivindica unha nova vida…. Si estades interesados/as en participar nesta nova edición de artelixo as datas da exposición seran do 15 ao 21 de abril  de 2018.

Como sabedes as obras que estarán expostas na rúas e prazas de Redondela durante eses días e poderán sufrir as modificacións propias da exposición ós elementos meteorolóxicos e humanos.

Envíanos un pequeno debuxo ( bocetolixo) a: artelixoredondela@gmail.comco título da obra e o teu nome ou alcume e os materiais utilizados para que figure no “catálogolixo” antes do 1 de abril e o lugar onde creedes que encaixaria a vosa obra.Indícarnos tamén as necesidades técnicas para que vos podamos axudar na montaxe dentro das nosas posibilidades.As montaxes e instalacións  das obras nas rúas se faran os días 14 e 15 de abril.Redondela ofrece do 15 ao 21 de abril unha orixinal ruta artística polo seu centro urbano. Coma se dun museo ao aire libre tratásese, as rúas e prazas, ademais de distintos establecementos comerciais, mostran curiosas obras de arte cun común denominador: todas están realizadas a partir de materiais recollidos do lixo. , unha cita cultural que cada ano achega á vila dos viadutos os traballos realizados por artistas locais con materiais de refugallo.Esta iniciativa ten como obxectivo facer reflexionar ao espectador sobre a xestión de residuos, os modelos de vida, a reciclaxe, o consumo e sobre o futuro do planeta. Os colectivos organizadores decidiron adiantar a convocatoria ao mes de abril, xa que adoitaba celebrarse no verán, para poder involucrar aos alumnos/as dos colexios, xa que se expón como unha actividade educativa.